Monday 29 de April de 2024

Berro conxunto da Mancomunidade de Ordes e da comunidade educativa para conmemorar o 8M


 

Chamamento á comunidade educativa para participar o vindeiro venres no Día Internacional da Muller elaborando mensaxes que serán expostas polo propio alumnado nos patios dos colexios e institutos da comarca
A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes a través do seu Centro de Información á Muller (CIM) convida a todos os centros académicos a participar na acción plantexada para conmemorar o vindeiro 8 de marzo, Día Internacional da Muller.
Unha iniciativa que consiste en que todo o alumnado se concentre no patio de cada colexio ou instituto mostrando cartolinas de cor lila e coa forma de bocadillo de cómic nas cales se reflexen mensaxes de rexeitamento á desigualdade ou ben en prol da igualdade. A dita proposta engloba a todas as etapas educativas co fin de lanzar unha mensaxe unánime e contundente “que se escoite en todos os recunchos da comarca e incluso chegue máis aló destes” indica Roberto Rey, presidente da Mancomunidade de Ordes e alcalde do municipio de Frades.
Para facilitar esta acción tanto os concellos que engloban a Mancomunidade de Ordes (Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo) como o mesmo ente supramunicipal facilitarán as cartolinas.